24 de enero de 2007

Morre Kapuscinski, a conciencia do xornalismo

"Para ser xornalista hai que ser boa persoa ante todo"

"Sempre crín que os reporteiros éramos buscadores de contextos, das causas verdadeiras que explican o que sucede no noso mundo"

"Centrar toda a atención no islam, intentar crear un problema con el, é un erro e unha manipulación"

"Xa ninguén coñece de onde procede ese costume ancestral que entende o encontro con outra persoa como un acontecimento, como unha oportunidade e unha festa. Nunca como un problema"

"Xa non é necesario pertencer ao grupo para sobrevivir, para garantir a continuidade da especie. A noción do individuo que está por riba da tribu é moi recente"

"O xornalismo é unha actividade na que hai que medir as palabras que usamos, porque cada unha pode ser interpretada de forma malévola polos inimigos da xente da que escribimos"

"Non sexa que por medo a morrer nos suicidemos"

"A rutina é o principal risco que corre o xornalista no exercicio da sua profesión"

As súas obras son de imprescindible lectura para exercer esta profesión (Non sei se está algunha traducida ao galego):

El emperador, El Sha o la desmesura del poder, La guerra del fútbol y otros personajes, Imperio, Ébano, Los cínicos no sirven para este oficio, Desde África, Los cinco sentidos del periodista, Un día más con vida, Viajes con Herodoto, El mundo de hoy, Lapidarium IV (Quizá esquenza algún)

Vídeo da entrega do premio Príncipe de Asturias

No hay comentarios: