22 de enero de 2007

Búscase persoa para dirixir un proxecto de formación a ONG, en Madrid

Na fundación na que traballo estamos buscando unha persoa para dirixir un proxecto de formación de ámbito estatal en novas tecnoloxías para o sector non lucrativo, e tamén de organizar e coordinar as actividades de formación interna da propia fundación. O traballo é en Madrid, pero quizáis se poda ver algunha forma de teletraballo, acudindo á oficina de forma periódica. Todo é miralo, ainda que os cursos de formación impartiranse en calquera punto da península (en Portugal, non).
Se alguén lle interesa, pode verter o seu CV a través da oferta publicada en HacesFalta.org.

No hay comentarios: