
Algúns veciños e veciñas xa comezaron a preparar a sua resistencia por si o proxecto se confirmase: http://salvarponzos.blogspot.com/
Tamén, as organizacións ADEGA, a Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e a agrupación local de Esquerda Unida xa se mostraron totalmente en contra da piscifactoria.
Compre estar en alerta, sobre todo cando ven de demostrarse o pouco emprego que xeran as piscifactorías. Segundo ADEGA, os 270 empregos do total das instalacións de rodaballo en toda Galiza contrasta coas máis de 13.000 persoas que traballan no cultivo do mexillón e aposta pola creación emprego na pesca tradicional, marisqueo e acuicultura a flote.
En fin, o debate dende logo e complicado porque as piscifactorías tamén poden constituir un modelo contra a cada vez maior escasez de pesca, pero Galicia xa sufriu dabondo o estragamento da costa e do seu interior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario