20 de diciembre de 2006

Dez novas que a "alguén" se lle escapou no 2006

Nacho Escolar (vía Iñigo Sáenz de Ugarte) publica a selección de dez historias que, segundo a revista Foreign Policy, pasaron por debaixo do radar:

-Os novos pasaportes con datos biométricos postos en circulación en EEUU son tan falsificables coma os vellos.

-A gripe aviar non matou a ninguén en Europa e EEUU, pero o único remedio coñecido, o Tamiflu, si.

-Rusia e os países da OPEP comenzan a abandoar o dólar e refuxiarse no euro.

-En Latinoamérica xa hai case tantas rapazas como rapaces estudando na educación secundaria. Esta sí que é unha boa nova.

-Conversas secretas entre Irán e Israel para abonar unha vella débeda da época do sha. Quizáis a nova se filtrou este mes para poñer en evidencia a Ahmadineyad.

-Os millóns que EEUU está entregando aos líderes tribaiss afganos para financiar a reconstrucción e ganar o seu apoio están acabando nos petos dos talibáns.

-Rusia estase facendo de ouro gracias á carreira de armamentos de América Latina. Por certo, para qué necesitan tantas armas Lula, Chávez e outros líderes?

-Bush aproveitou a crise do Katrina para aumentar os poderes do Goberno federal no caso de situacións de emerxencia ata niveiss sospeitosos.

-China inaugura unha política agresiva de concesión de créditos aos países africanos. Outra crise da débeda externa para dentro dunha década?

-Varias empresas indias colaboraron co programa nuclear e de misiles en Irán. EEUU preferiu non facer unha escea.

Máis en Foreign Policy

No hay comentarios: