Hoxe publica El País un artigo sobre o tan nomeado xornalismo cidadán (increíble, o término non aparece na wikipedia en castelán nin na Galipedia, pero sí na inglesa). O que máis me gosta é o título do artigo, co cal estou plenamente dacordo porque, cada día máis, calquera pode ser xornalista, ainda que sexa de segunda categoría. E logo estaremos outros que nos dedicaremos a editar o que escriben os demáis. Ese é un dos futuros posibeis.
O que sempre me asombra é que non se para de mencionar, dende xa fai anos, o exemplo de Ohmynews. É certo que iso é xornalismo cidadán, pero ninguén foi capaz de emulalo noutro país, e os intentos podense contar por miles. Eu diría que a clave para que triunfe o xornalismo cidadán será aquel que sexa capaz de construir un medio co que unha grande morea de cidadáns se sinta identificado e saiban apropiarse da sua liña editorial. Casos xa os hai, e curiosamente xurden con forza pola dereita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario