Xa case vai para un ano cando lanzamos este experimento co obxectivo de que os xornalistas interesados en temas sociais e as fontes creasen vínculos. Non tíñamos referencias de proxectos similares no eido da comunicación, polo que non sabiamos se ía funcionar.
E funciona: 700 fontes rexistradas, máis de 1.100 xornalistas de medios de comunicación rexistrados (680 na edición en castelán e 343 na edición catalana) e 348 consultas enviadas polos xornalistas e resoltas polas fontes (cunha valoración moi alta do servicio, porque os xornalistas poden valorar cada resposta que reciben). Por certo, Ekoos.org ten xa unha boa comunidade de xornalistas e fontes galegas (empeño persoal ;-)
A peza que falta, a que non damos encaixado é a da sostenibilidade económica, por iso non nos atrevemos a lanzalo ainda noutras linguas (galego, inglés...). Claro, os medios non van apoiarnos económicamente cando lles costa apoiar ata aos seus propios xornalistas, as empresas teñen falta de madurez... A única que nos apoia é a administración, pero todos sabemos que non é a situación ideal cando se miran as cousas a longo prazo.
Pero o proxecto paga a pena. Tamén foi i é este proxecto o que non me deixa tempo para actualizar este blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario