4 de diciembre de 2006

A débeda externa, explicada moi clariña

Vía blog de Susana Martín

Facía tempo que non vía unha forma tan, tan clariña de explicar o que é algo tan evidente como a débeda externa. O que non acabo de averiguar é o autor/a do vídeo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O video foi eleborado pola campaña británica Make Poverty History, que é a versión británica da GCAP, como sabes.
Foi preparada pa o cumio do G-8 que tivo lugar ne Escocia en xullo do 2005. A Campaña encargou a unha produtora ese video (realmente –como dis ti- é moi expresivo!) e outro no que aparece Bono (U2) e outras caras coñecidas chiscando os desdos pulgar e corazón e facendo ese ruidiño característico. Chámanlle o video do “Click”
O video foi doblado ao español pola Coordinadora Española de ONGD, que o utiliza dentro da campaña Pobreza Cero

Realmente circulan por aí varios videos máis –hai uns 6- sobre temática relacionado cos obxectivos do milenio; un deles é de Intermón, da sua campaña de Comercio con Justicia onde se ve a Clinton e varias panoramicas de sede de NN UU durante o cumio do Milenio en 2000, e aparece textos en pantalla como :
“cada vaca de la unión europea recibe 700 dólares en subvenciones; en cambio, cada africano en concepto de AOD recibe 7 dólares (ou cifras similares)”.
Moi didáctico tamén.

Neste enlace hai unha lista dos videos dispoñibles: http://www.pobrezacero.org/audiovisuales.php

Unha aperta
Xosé María
Coordinadora galega de ONGD

Xose Ramil dijo...

Graciñas pola información, Xosé María. Esta fórmula de distribución viral de vídeos estase revelando como unha arma magnífica para atraer a atención dos medios de comunicación. Tamén o vimos agora co día mundial do SIDA e o vídeo que xa fai algún tempo distribui Médicos sen Fronteiras.