9 de junio de 2006

Marful, a música galega dos anos 30, 40, 50



Comentouno Brétemas, pero sabendo que a distribución non vai ser masiva (eu, den de Madrid, optei por pedirllo directamente á productora), hai que aproveitar a función vírica desde medio. Marful presenta o seu primeiro disco coa música da Galicia entre os anos 30 e 50.

Fai anos, os irmáns Pedro e Pablo Pascual fundaran o grupo Fodetexestas, que tiven ocasión de escoitalos na Taberna Elisa de Madrid, con este tipo de música esquecida, e fora unha auténtica delicia.

Atención Ramilistas, para este vrao tedes aquí unha boa ocasión de contratar a un grupo para recuperar a atmósfera das festas de fai máis de 50 anos. Non é cuestión de poñerse nostálxicos, porque no disco hai moita frescura.

E xa teñen clube de fans!!!

No hay comentarios: