Se case hai que dicir en baixo ao que te dedicas cando te preguntan os coñecidos, esa reputación ben se pode relacionar coas dificultades ás que nos enfrentamos na profesión.
O Informe Anual da Profesión de Xornalista 2006, feito pola Asociación da Prensa de Madrid, sinala as nosas principais preocupacións:
Precariedade (67%)
Intrusismo (45,8%)
Baixa remuneración (42,4%)
Ademáis, as mulleres cobran neste ámbito un 26% menos que os homes e só ocupan o 24% dos postos directivos.
O que me trae de cabeza a min é ese 45,8% que sinala o intrusismo –as demais porcentaxes son evidentes-, será porque eu mesmo debo ser un intruso ou será porque consideran intrusos aos programas da chamada telebasura, non sei. Para sabelo, hai que mercar o informe. Non entendo como é que non o ofrecen gratuitamente na rede.
No hay comentarios:
Publicar un comentario