-Os novos pasaportes con datos biométricos postos en circulación en EEUU son tan falsificables coma os vellos.
-A gripe aviar non matou a ninguén en Europa e EEUU, pero o único remedio coñecido, o Tamiflu, si.
-Rusia e os países da OPEP comenzan a abandoar o dólar e refuxiarse no euro.
-En Latinoamérica xa hai case tantas rapazas como rapaces estudando na educación secundaria. Esta sí que é unha boa nova.
-Conversas secretas entre Irán e Israel para abonar unha vella débeda da época do sha. Quizáis a nova se filtrou este mes para poñer en evidencia a Ahmadineyad.
-Os millóns que EEUU está entregando aos líderes tribaiss afganos para financiar a reconstrucción e ganar o seu apoio están acabando nos petos dos talibáns.
-Rusia estase facendo de ouro gracias á carreira de armamentos de América Latina. Por certo, para qué necesitan tantas armas Lula, Chávez e outros líderes?
-Bush aproveitou a crise do Katrina para aumentar os poderes do Goberno federal no caso de situacións de emerxencia ata niveiss sospeitosos.
-China inaugura unha política agresiva de concesión de créditos aos países africanos. Outra crise da débeda externa para dentro dunha década?
-Varias empresas indias colaboraron co programa nuclear e de misiles en Irán. EEUU preferiu non facer unha escea.
Máis en Foreign Policy
No hay comentarios:
Publicar un comentario